OS
ECOSISTEMAS
Un
ecosistema é un conxunto formado por un espazo determinado e todos
os seres vivos que viven nel. Podemos dicir entón que está formado
polo medio físico e os seres vivos que nel se atopan.
Podemos
clasificar os ecosistemas en terrestres (bosques, desertos …),
acuáticos (de auga doce ou de auga salgada) ou mixtos (praias,
ribeiras de ríos …)
Os
ecosistemas poden ser de diferentes tamaños, dende una charca a todo
un océano. De feito, podemos considerar a Terra e todos os seres
vivos que viven nela como un gran ecosistema. A este ecosistema
chamámoslle BIOSFERA.
Cres
que existe un ecosistema mais grande que o da Terra? Pénsao ben…
No
seguinte enlace podes profundizar un pouco sobre os ecosistemas. Non
fai falla que me envíes as actividades, pero podes facelo si queres.
https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1285227645/contido/index.html
É
moi interesante o segundo apartado, que explica os factores que
inflúen no funcionamento dun ecosistema.
Ánimo!!!
______________________________________________________________________________
Algún ecosistema que seriades capaces de ir a Vivir?
Os exemplos que mandamos foron
Alaska ou Antártida.
Noruega.
Vivir preto do Deserto do Sahara.
Esperamos a vosa opinión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario