FERNANDO DE ARAGÓN
Chamado O prudente e sensato, avantaxou aos seus contemporáneos en visión política. casou con Isabel de Castela, o que provocou unha guerra civil en Castela entre os partidarios de Isabel e os de Juana a Beltraneja. Acabada a contenda en 1479, reinaron conxuntamente Isabel e Fernando, «os Reis Católicos», quen conquistou o último reduto musulmán na Península Ibérica coa toma de Granada en 1492.
Fernando colaborou dunha forma activa con Isabel en todos os asuntos referentes a Castela, ademais dos de Aragón e a política exterior. Ambos traballaron xuntos para unificar os seus dominios e fomentar o seu desenvolvemento. En 1476 organizaron a Santa Irmandade, unha institución que tiña a súa propia milicia, dedicada a protexer a poboación rural dos bandoleiros e gardar a orde nos despoblados. En 1480 crearon a Inquisición, organismo cuxo orixe se remonta ao século XI, para impoñer a unidade relixiosa e reprimir calquera disidencia.
Durante o reinado restableceuse a paz no campo catalán e promoveuse o desenvolvemento da economía castelá introducindo os consulados e os gremios. Fernando apoiou o programa relixioso da raíña por medio do espírito de «cruzada» e o exclusivismo relixioso; proba diso é a conversión forzosa dos moriscos granadinos e a expulsión dos xudeus en 1492.
En 1492, Cristóbal Colón, un navegante xenovés con novas teorías xeográficas, presentouse aos Reis Católicos, pedíndolles apoio económico para navegar cara ás Indias por Occidente. Fernando e Isabel axudaron a Colón na empresa que culminaría co descubrimento dun «Novo Mundo» que permitiu a expansión extraeuropea da Coroa española.
No hay comentarios:
Publicar un comentario