lunes, 13 de abril de 2020

Isabel I (A Católica)

En 1468 Enrique IV, home de carácter débil e indeciso, recoñeceu á princesa Isabel como herdeira ao trono no pacto dos Touros de Guisando, co cal privou dos seus dereitos sucesorios á súa propia filla, a princesa Juana.

Co obxectivo de consolidar a súa posición política, os conselleiros de Isabel a Católica acordaron a súa voda co príncipe Fernando de Aragón, primoxénito de Juan II de Aragón, ligazón que se celebrou en segredo, en Valladolid, o 19 de outubro de 1469. Ao ano seguinte, molesto por este matrimonio, Enrique IV de Castela decidiu desheredar a Isabel e rehabilitar na súa condición de herdeira a Juana a Beltraneja, que foi desposada con Alfonso V de Portugal.


GRAN TRABALLO DE LÚA.


A consecuencia foi que, á morte do rei Enrique IV (1474), un sector da nobreza proclamou a Isabel soberana de Castela, mentres que outra facción nobiliaria recoñecía a Juana a Beltraneja (1475), o cal significou o inicio dunha sanguenta guerra civil. A pesar da axuda do monarca portugués á Beltraneja, o conflito sucesorio decantouse a favor de Isabel en 1476.


No aspecto económico, Isabel a Católica saneou a facenda pública mercé a un estrito sistema fiscal e incentivou o desenvolvemento da gandería ovina e do comercio lanero. Ademais, soubo canalizar a tradición militar e expansiva de Castela cara á conquista do reino nazarí de Granada, último bastión islámico na Península (1492), e a guerra contra os musulmáns norteafricanos, aos que arrebatou Melilla (1497). Con todo, o maior logro da política exterior isabelina foi, sen dúbida, o apoio á expedición que culminaría co descubrimento de América por Cristóbal Colón (1492).

No hay comentarios:

Seguidores

MARÍN

MARÍN
Vista do Concello de Marín dende o noso Colexio.