martes, 28 de abril de 2020

Galego: (Revisar e Xogos Populares)

Moito coidado cando facedes un texto. E moi normal introducir castelanismos, e preciso que repases os textos. Os mestres estamos atopando mala expresión.
Axuda para completar actividade  dos xogos Populares.
Tamén podes facer mellor os debuxos con explicacións.

Xogos Populares.

                   Dos exercicios de Galego temos que falar de xogos populares, especialemente os que son de orixen  galego. Un dos problemas que podes ter, é introducir castelanismos ou palabras que non existen. Por favor corrixe os erros.

                       Galicia é un país rico en xogos populares. Diversas entidades dedicadas á súa investigación e divulgación veñen de lanzar unha base de datos online do xogo tradicional galego, un bo momento para repasarmos algúns deles.  E aproveitarmos para poñelos en práctica no próximo verán!

As bólas   (Canicas = Castellano)

Hai moitas variedades de xogo de bólas e podémolas adaptar á idade de quen xogue. Podemos xogar a deixar a bóla o máis cerca posible dunha raia, a bater o maior número de veces posibles ns bólas do resto de persoas que xoguen ou a botar fóra dun círculo as bólas do resto de xogadoras e xogadores ata que quede só unha.
Podes explicar algunha Variante. Cada vila ou aldea existen diferentes variantes.


O Peón       (peonza = CASTELLANO)  Ou buxaina, ou trompo...

Un xoguete de madeira que baila sobre unha punta de metal co impulso dun cordel. Semella simple, pero ten moitas combinacións para as que cómpre non pouca habilidade.

Presento un Xogo pouco coñecido.
As sete e media
Marcamos no chan un retángulo dividido en oito espazos numerados do 1 ao 7 e un oitavo espazo cun asterico (a media). As persoas que vaian xogar colócanse a uns 3 mestros dos recadros 1 e 2. Cada xogador ou xogadora lanzará dous obxectos -unha pedra, unha chapa...- tentando sumar sete e media ou ficar o máis próximo posible a ese valor.
AVISO.
ESTADES POÑENDO MOITAS PALABRAS EN CASTELÁN:

NIÑA =  Nena, rapaza....
Jugar = Xogar
Repasar os textos.

No hay comentarios:

Seguidores

MARÍN

MARÍN
Vista do Concello de Marín dende o noso Colexio.