Esta celebración xorde para conmemorar a chegada da primavera e ensinar a alegría polo crecemento e a floración da vexetación, creándose verdadeiras obras de arte con flores, froitas, herbas, ovos, etc. Nos municipios máis costeiros a festa adquire todo o seu esplendor coas embarcacións engalanadas con estes mesmos motivos. A música non debe faltar durante esta festa.
En épocas remotas, os galegos celebraban a chegada da primavera e o finar do cru inverno e propiciaban desta forma a obtención de boas colleitas. Nos tempos actuais, as festas dos maios son a última manifestación folclórica que festexa en Galicia o final do inverno. Constrúense figuras con elementos naturais, como musgo, flores silvestres, ovos, paus e ao redor delas cántase, con acompañamento de paus, coplas e cancións irónicas e críticas con feitos ou personaxes de actualidade. En Ourense, convócase todos os anos un Concurso de Maios e Coplas no que participan todo tipo de grupos e colectivos sociais e culturais.
FOTO ARQUIVO
Os maios ourensáns son construcións figurativas, típicos (entre os que dominan os de forma cónica ou piramidal, feitos con armazones de varas ou canas, recubertos con plantas e decorados con laranxas bravas ou ovos) ou artísticas (máis modernos, representacións de monumentos, hórreos, barcos, actividades cotiás...). Estes maios son portados en andas polos seus creadores entre centos de persoas que participan da festa e pódense contemplar na Alameda do Concello.
FOTO DO SAN NARCISO NO PASADO.
Os barcos son tradición de Marín. Diferentes grupos presentan un barco a escala que representa a xente mariñeira.
Os nenos levaban unha copla para distinguir a xente do mar. Sempre con moita crítica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario