A
materia
pode presentarse en tres estados.
O
estado depende da forza de atracción entre as partículas que
forman un obxecto.
En estado SÓLIDO
as partículas tan só poden vibrar. Os sólidos teñen una forma
e volumen constante
|
En estado LÍQUIDO,
as partículas móvense con facilidade. Os líquidos teñen forma
variable e volumen constante
|
En estado GASEOSO
as partículas móvense libremente e ocupan todo o espacio do que
disponen. Os gases non
teñen forma nin volumen constante
|
CAMBIOS DE ESTADO NA
MATERIA
A materia pode cambiar de
estado físico si aumentamos ou diminuimos a súa temperatura. Os
principais cambios de estado son:
FUSIÓN:
É o paso de sólido a líquido. Para iso hai que quentar o sólido.
SOLIDIFICACIÓN:
É o paso de líquido a sólido. Para iso hai que arrefriar o
líquido.
VAPORIZACIÓN:
É o paso de líquido a gas. Para iso hai que quentar o líquido.
CONDENSACIÓN:
É o paso de gas a líquido. Para iso hai que arrefriar o gas.
EXERCICIO PRÁCTICO:
A maneira máis sinxela de experimentar os cambios físicos da
materia é quentando ou arrefriando auga. Todos sabemos que si
arrefriamos moito a auga se convirte en xeo (solidificación) e si a
quentamos moito se convirte en aire (vaporización)
Materiais:
2 cubiños de xeo, dous vasos, sal.
Paso 1:
Pun un pouco de sal nun vaso e introduce un cubiño de xeo. Bótalle
un pouco mais de sal enriba do cubiño.
Paso 2:
Introduce o outro cubiño no vaso.
Observa ata que se convirtan
en auga. Hai alguna diferencia?
No seguinte enlace podes
ver a explicación a este feito, e outras moitas curiosidades sobre o
sal.
https://cienciasnaturales.didactalia.net/recurso/cambios-de-estado-de-la-materia/084868f1-aec3-8205-3f26-6b7121708d6b
No hay comentarios:
Publicar un comentario