domingo, 10 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

Ricardo Carvalho Calero naceu no ano 1910 en Ferrol, onde comezou a publicar os seus primeiros versos. Tras cursar por libre o Bacharelato, trasladouse a Compostela para estudar Dereito e Filosofía e Letras e cumprir co servizo militar. Aquí entrou en contacto co galeguismo e cos movementos culturais da altura, nomeadamente co Seminario de Estudos Galegos. Foi este un momento de intensa militancia política xa que se integrou no movemento nacionalista e tomou parte no activismo estudantil. Até 1932, en que ganou unha praza de funcionario municipal na súa vila natal, Carvalho Calero enviou numerosas colaboracións ás máis destacadas revistas literarias (A Nosa Terra, Nós, Guión, Galiza, Resol, Universitarios, Papel de Color) e principiou a publicación dos seus libros poéticos, primeiro en español e despois en galego.
Moita relación coa cidade de Lugo comezou na súa mocidade. Aí coñeceu a María Ignacia Ramos, compañeira de estudos de Filosofía e Letras, coa que casou en 1933 e coa que en 1936 tivo a súa primeira filla. (Lucense)
Pero ese ano Carballo, que fora un dos fundadores do Partido Galeguista e un dos redactores do anteproxecto do Estatuto de Galicia, foi sometido, como membro do Exército da República, a un consello de guerra e preso, quedando en liberdade condicional en 1941.
Morreu en Santiago de Compostela en 1990. En Compostela durante a época de estudante entrou en contacto co galeguismo e co Seminario de Estudos Galegos. Integrado no movemento nacionalista e tomando parte no activismo estudantil comezou a publicar na década de 1930. O golpe militar sorprendeuno en Madrid e Carvalho era galeguista e partidario da República Española (1931).
Sendo miliciano (Xente normal que se metía a soldado). Unha vez terminado o conflito, foi encarcerado, condenado por separatista e recluído no cárcere de Jaén. En 1941 o escritor regresou á súa cidade con liberdade condicional.
A guerra sorprendeuno en Madrid e Carvalho posicionouse no bando Republicano como dixemos antes. Estivera moi relacionado co proxecto de Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936. Pero a Guerra desfixo todo.
En 1941 o escritor regresou á súa cidade imposibilitado para exercer a función pública. Entre 1950 e 1965 exerceu como profesor e director no Colexio Fingoi de Lugo escollido por D. Antonio Fernández para poñer en marcha un colexio que se abría a
unha renovación pedagóxica vangardista. Paralelamente ao seu labor docente, desenvolveu nestes anos un importantísimo traballo investigador -iniciado coa súa tese de doutoramento, " Achegas á literatura galega contemporánea"- que tivo como froito máis valioso a publicación en 1963 da Historia da literatura galega contemporánea.
Imposibilitado para exercer a función pública, refuxiouse no ensino privado (entre 1950 e 1965 no Colexio Fingoi de Lugo), continuando coa escrita en galego en todos os xéneros e restablecendo aos poucos o contacto cos galeguistas que ficaran no país. Paralelamente ao seu labor docente, desenvolveu nestes anos un importantísimo traballo investigador -iniciado coa súa tese de doutoramento, "Aportaciones a la literatura gallega contemporánea"- que tivo como froito máis valioso a publicación en 1963 da Historia da literatura galega contemporánea. Tamén nesta época, en 1958, ingresou na Real Academia Galega co discurso "Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía". En 1963 obtivo por oposición a praza de adxunto no Instituto Rosalía de Castro, en Santiago de Compostela, e en 1972 superou as probas que o converteron en titular da cátedra de Lingüística e Literatura Galega.
Os estudos de Carvalho atinxiron igualmente a lingua. Recollendo a herdanza dos autores do Segundo Renacemento, Carvalho Calero, preocupado pola coherencia histórico-lingüística do galego e a pesar da férrea oposición que encontrou no camiño, mostrouse defensor das teses etimoloxistas que terán continuidade no movimento reintegracionista, feito que lle custaría ser marxinado nos últimos anos da súa vida. Así mesmo, desenvolvería un amplo labor como editor dos clásicos galegos e como atento analista da realidade sociolingüística da Galiza.
Ademais da súa extensísima obra ensaística, cultivou a poesía (Vieiros, 1931; O silenzo axionllado, 1934; Anxo de terra, 1950; Poemas pendurados dun cabelo, 1952; Salerio de Fingoy, 1961; Pretérito Imperfeito, 1980; Futuro condicional,1982; Cantigas de amigo e outros poemas, 1986; Reticencias..., 1990), o teatro (Catro pezas: A sombra de Orfeo, Farsa das zocas, A arbre, Auto do prisioneiro, 1971; Teatro Completo, 1982) e a narrativa (Xente da Barreira, 1951; Scórpio, 1987).
Da súa etapa no Colexio Fingoi son obras como:
Poesía: Anxo dá terra (1950), Poemas pendurados dun cabelo (1952), Salterio de Fingoi (1961)
Teatro: A Farsa dás zocas (estreada no Colexio Fingoi), Ou redondel.
Narrativa: A xente dá Barreira (1951) e a coordinación da recompilacion Contos populares dá Provincia de Lugo.
Ensaio: Sete poetas galegos (1955). Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía (1959), Versos iñorados e ou esquecidos de Eduardo Pondal (1961).
A súa obra ensaística e creativa é amplísima e fundamental para a literatura galega do século XX.
"INMENSO TRABALLO" GALEGUISTA.
Os promotores deste comunicado celebran, a pesar diso, que "por fin Ricardo Carvalho Calero teña o xusto e merecido Día das Letras Galegas" e non cuestionan "en absoluto" a "legalidade" da proposta alternativa a favor da figura do ferrolán.
Así, reivindicaron o "inmenso traballo" de Carvalho Calero como "crítico, ensaísta e creador literario", e tamén por encarnar os valores do " antifascismo e o galeguismo".



A POLÉMICA CUESTIÓN DA NORMA.
"Somos conscientes da opción reintegracionista que defendeu Carballo desde mediados da década de 1970, pero consideramos que a Academia non debe temer o debate normativo", argumentan os críticos. Carvalho Calero é quizais o intelectual máis relevante na historia do reitegracionismo, que defende que o galego e o portugués son en realidade dialectos dunha mesma lingua, o galego-portugués, polo que deberían escribirse coas mesmas regras.
Lugo tivo unha forte pegada na traxectoria do escritor e profesor que este ano será homenaxeado no Día das Letras Galegas. Pero a cidade tamén quedou impregnada do saber e da revolución educativa que supuxo o paso desta figura senlleira da literatura galega pola cidade amurallada e, máis concretamente, polo Colexio Fingoi, onde foi conselleiro-delegado durante quince anos. Analizar esa etapa e homenaxear o traballo que en Lugo desenvolveu o escritor son os obxectivos da mostra itinerante Don Ricardo de Fingoi, que se pode ver no Colexio Fingoi e que abríu as súas portas na delegación territorial da Xunta en Lugo, para despois seguir a ruta en Compostela. (Marzo)
O Colectivo Egeria organiza a exposición, co apoio da Xunta, a Real Academia Galega e o Colexio Fingoi. A través de 13 paneis e da web
www.carballocaleroenlugo.org
A mostra percorre os anos do literato en Lugo, onde desenvolveu unha importante labor cultural entre 1950 e 1965.
O ano 1950 marca un punto de inflexión na vida de Carballo Calero. É entón cando o financeiro Antonio Fernández -que xa creara a granxa-escola de Barreiros (Sarria)- chama ao intelectual para que lle dea forma a un proxecto educativo que rachaba os esquemas do ensino tradicional: o Colexio Fingoi. Ao ser un galeguista represaliado, que estivera no cárcere, non puido ser director, pero converteuse no conselleiro-delegado do único colexio mixto.
En Fingoi non existían libros de texto, nin se levaban deberes para a casa, nin había máis de vinte alumnos por aula. Moitas actividades durante todo o día de clase.
Ademais, impartíanse clases de gaita, canto e baile tradicionais, de conducir, íase ao mercado a aprender a comprar e cada alumno tiña un horto que traballar. Ademais, Carballo Calero outorgaba especial importancia ás viaxes culturais. Tamén se facía teatro experimental, a veces escrito e sempre dirixido por Carballo, que nas súas clases de literatura incluía cine, zarzuela ou ópera.
Todo isto nunha época moi diferente a actual. Fai que sexa coñecido dende a década dos cincuenta este colexio de Lugo, en toda Galicia.


A vinculación de Carballo con Lugo comezou na súa mocidade. Aí coñeceu a María Ignacia Ramos, de Baleira, compañeira de estudos de Filosofía e Letras, coa que casou en 1933 e coa que en 1936 tivo a súa primeira filla, que naceu en Lugo. Pero ese ano Carballo, que fora un dos fundadores do Partido Galeguista e un dos redactores do anteproxecto do Estatuto de Galicia, foi sometido, como membro do Exército da República, a un consello de guerra e preso, quedando en liberdade condicional en 1941.
Ricardo Carballo Calero
(Ferrol, 1910-Santiago de Compostela, 1990)


Biografía R.Carbalho Calero

No hay comentarios:

Seguidores

MARÍN

MARÍN
Vista do Concello de Marín dende o noso Colexio.